comité de acción
comité de acción
vita activa /espazo de aparición /arte de acción /esfera pública /vida política
“A acción, actividade que se da entre os individuos sen a mediación de cousas ou materia, corresponde á condición humana da pluralidade, a condición de toda vida política” Hannah Arendt
O Comité de acción realiza intervencións simbólicas no espazo público. Espállase como un corpo plural, desbordado e flutuante pero que funciona con individualidades autónomas, voluntaria/es vencellada/es ao ámbito artístico ou militante galego. A Acción e a Palabra toman a Ágora.