COMITÉ ETNOGRÁFICO
COMITÉ ETNOGRÁFICO
DOCUMENTAL corpos-arquivo
Unha peza de vídeo-ensaio arredor do traballo etnográfico con mulleres traballadoras no mar, intercalando o traballo físico dos oficios e a coreografía de Nortear baseada nel. Rexistrar e escribir o movemento do traballo. ESTREA MARZO 2026.
Ateliers da memoria
Investigamos o patrimonio efémero e a xenealoxía inmaterial, recuperando a memoria para protexer o futuro. Viaxamos a distintos territorios do país para pescudar, conxuntamente coa comunidade, os saberes populares galegos, e como estes nos poden servir para atopar un modo de vida decrecentista e decolonial. A continuación, catalizamos equipos de traballo horizontais e sostidos no tempo unha vez chegue o momento da Columna de retirarse.
laboratorio etnográfico
Formamos un equipo de compañeiras especializadas no campo antropolóxico, matemático, filólogo e audiovisual. Tecemos redes coas informantes, contrastamos resultados e elaboramos conclusións. Atesouramos e arquivamos a sabedoría que nos agasallan as mulleres traballadoras pondo os coidados, os afectos e as relacións no centro. As informantes coma un fin, non coma un medio.