O corpo da muller como máquina produtiva -non só reprodutiva- do capitalismo, creador da forza de traballo por excelencia. Baseado nas ideas da feminista e marxista Silvia Federici, FERRO FEDERICI é un poema escénico no que a arte de acción, a poesía e a danza flutúan de xeito visceral, un canto contemporáneo ás bruxas e á reapropiación do sangue e do lume.

Estreado en 2020.

EQUIPO ARTÍSTICO

Dirección, textos, corpo da Muller: Helena Salgueiro

Voz do Estado: Estevo Creus

Música: Atzi Muramatsu

Intérprete de signos: Daviana Sousa

Anterior
Anterior

IR E VIR