estrea en 2026
estrea en 2026
ESTREA EN MARZO DO 2026
Nortear é unha peza escénica onde o espectral se confunde coa realidade, o político co onírico, o etnográfico co utópico. Un grupo de mulleres habita un espazo baleirado do Norte. Nese non-lugar, perdidas no medio dun compás, os corpos das mulleres transitan, deambulan e traballan infinitamente... buscando un punto no que ancorarse. Turrando xuntas polo futuro.
EQUIPO ARTÍSTICO
Texto, dirección e espazo escénico
Helena Salgueiro
Intérpretes
Adriana Rodríguez, Alba López, Alixa Ladson, Masako Hattori, Helena Salgueiro
Banda sonora
Anne Lèpere
Espazo lumínico
Montse Piñeiro
Vestiario
Nuria López
Asistencia de dirección
Marina Carnero
Atrezzistas
Marina Carnero, Nuria López & Helena Salgueiro
Produción e distribución
Helena Salgueiro (Columna Balteira)
80 minutos
Agradecementos: Ao meu equipo e ás miñas amigas, a Celina do Pindo, Adela de Muros, Helena Miguélez-Carballeira, Érika Pazos, Alba Cambeiro, Henrique Lijó, Matías Portela, Benxamín Otero, Dani Palleiro, Javi de Pablo, Alejandro Vila, Paulo Mouriño, María Golán, Roberto Salgueiro, Xavier Campos, Centro Xove da Almáciga.
Unha produción de Columna Balteira
Financiada pola AGADIC e coa colaboración de Concello de Vimianzo, Burgo das Nacións, Universidade de Santiago de Compostela e Deputación da Coruña*
*Columna Balteira non compromete a independencia das súas creacións. Defende o uso do financiamento público e a democratización dos recursos que son do pobo, para dereitos que son do pobo, como é a cultura (aínda que se demostren perversamente insuficientes).